O Poio Pescamar vence a domicilio ao Gironella (4-6) e asenta na décima posición
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Bo partido do Poio Pescamar en terras barcelonesas, onde se impuxo a un rival directo na clasificación como o Gironella (4-6), conseguindo tres puntos que lle confirman na décima praza da Primeira División Feminina.
As vermellas saíron como un ciclón e grazas a un presión asfixiante lograron tres goles de vantaxe aos 9 minutos, tras os tantos de Jenny, Suki e Ro.
O Gironella optou entón polo xogo de cinco e a xogada saíulles ben, recortando distancias ao descanso (2-3).
Nada máis empezar o segundo acto Nerea ampliaba a vantaxe do Poio, pero en dous minutos as locais igualaron con dúas tantos consecutivos. Claudia poñía no minuto 26 poñía de novo por diante ás vermellas, que sentenciarán no último minuto por medio de Ro cando o Gironella buscaba o empata á desesperada.
Co triunfo o Poio Pescamar suma 27 puntos, cunha vantaxe de catro sobre o seu rival barcelonés.
GIRONELLA FSF (4): Noe, Estela, Julia Vidal, Celia, Elena Roig -cinco inicial- Zoe, Pilar, Laura, Cristina.
POIO PESCAMAR (6): Irene; Ro, Jessi, Jenny, Nerea -cinco inicial- Yoli, Claudia, Suki, Ale, Elena, Laura, Iria.
Árbitros: Jonathan Bermúdez e David Mas. Amoestaron a Cristina no equipo local.
Goles: 0-1 Jenny (min.1), 0-2 Suki (min.7), 0-3 Ro (min.9), 1-3 Laura (min.18), 2-3 Nerea en propia meta (min.19), 2-4 Nerea (min.21), 3-4 Julia (min.23), 4-4 Claudia en propia meta (min.25), 4-5 Claudia (min.26), 4-6 Ro (min.39).
Incidencias: Partido disputado no pavillón Les Moreas ante un cento de espectadores.