A derrota do Arosa (1-3) fronte ao Mondariz fai explotar á afección na Lomba e deixa a Lino González ao bordo do cesamento
Por Redacción
Nova derrota do Arosa e posiblemente a puntilla para o seu técnico, Lino González, que podería ser destituído na reunión que a directiva presidida por Manuel Abalo manterá na noite do luns, especialmente tras os berros de "dimisión, dimisión" que saíron das gargantas dos afeccionados congregados nas bancadas da Lomba, enfadados polo frouxo rendemento dun equipo que aspiraba ao ascenso e que non remata de arrancar, encaixando unha dolorosa derrota (1-3) fronte a un rival como o Mondariz dos máis modestos da categoría.
Os visitantes, ordenados e traballadores, buscaron no contragolpe a súa arma para sacar tallada do mal momento arlequinado. Hugo Tei adiantaba o Mondariz, nun remate de cabeza á saída dun corner, pero Adrián Camiño, de penalti, lograba a igualada nada máis comezar a segunda parte. O tanto do empate pareceu reactivar a un Arosa que non obstante mostrou unha falta alarmente de ideas para xerar xogo e ocasións.
O Mondariz aproveitou os minutos finais para asestar dous golpes definitivos e facer estalar os afeccionados locais, que se dividían e mentres uns pedían o cesamento do técnico, outros optaban directamente por abandonar as bancadas sen esperar á conclusión do partido.
AROSA, S.C. (1): Jorge Pérez, Santi (Juanjo, min. 70), Borja, Martín (Pablo Barreiro, min. 81), Ríos, Rivas, Hugo, Vixo (Eloy, min. 63), ÿscar Guimerans, Adrián Camiño e Nando.
MONDARIZ, C.F. (3): Javi, Jesús, Anxo, Docampo, Adrián, Alfaya, Iago, Hugo Tei, Marcos (Luchi, min. 90), Noel (Nico, min. 69) e Víctor (Nacho, min. 84).
Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago), auxiliado nas bandas por Queija Pérez e Villaverde Moga. Amoestou a Rivas, ÿscar Guimerans, Nando, Jesús, Iago e Víctor.
Goles: (0-1) Minuto 28: Hugo Tei. (1-1) Minuto 50: Adrián Camiño, de penalti. (1-2) Minuto 83: Iago. (1-3) Minuto 83: Nico.
Incidencias: Campo de A Lomba (Vilagarcía). Preto de 500 espectadores.