O Squash Pontevedra, en forma para o Campionato de España
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A dúas semanas de que Palencia acolla o Campionato de España Sub-13/17 de suash, os deportistas do Squash Pontevedra afinan o seu estado de preparación con importnates resultados no Campionato Galego.
Pablo Quintana revalidou o título de campión autonómico sub-17. Fíxoo tras vencer no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra ao santiagués Arón Astray por 3-0, mentres Gonzalo Romero conseguiu o bronce ao impoñerse a Cío García, do Vigo Squash, por 3 a 1.
En categoría sub-13, Pepe Campos tamén se colgou a medalla de bronce, ao gañar ao santiagués Sergio Vázquez nun igualado partido que se decidión por 3 a 2.
Estes resultados supoñen un golpe de moral para o club pontevedrés, que non descansa en Semana Santa pensando no obxectivo do Campionato de España.