Xisela Aranda arrinca o ano con nota en Suíza
Por Redacción
Notable debut intenacional de Xisela Aranda na súa primeira competición da presente tempada, o PSA Sekisui Open disputado na localidade suíza de Lucerna.
A deportista viguesa do Squash Pontevedra empezaba a competición desde a fase previa e avanzou ata semifinais tras unha intensa semana de partidos.
Despois de gañar os dous partidos da fase previa, o segundo ante a xogadora con mellor ránking desta fase, a neozelandesa Eleonor Epke por 3 xogos a 1, á xogadora do Squash Pontevedra esperáballe a principal cabeza de serie do torneo e números 54 mundial, a francesa Cyrielle Peltier.
Xisela deu entón a sorpresa da competición ao gañar por un apertado tenteo de 3 a 2 (11/8, 11/9, 9/11, 6/11 e 11/3) e avanzar así ata os cuartos de final. "Foi marabillosa a sensación despois deste partido, porque ademais de gañar fíxeno xogando a un gran nivel, derrotando á gran favorita", explicou tras o Open.
En cuartos, ante a letona Inecka Mackevicka, conseguiu gañar de maneira clara por tres xogos a cero, pero o casancio acumulado pesou moito na semifinal, caendo ante a sudáfricana Alexandre Fuller.
A pesar diso as sensacións foron máis que positivas para representante do Squash Pontevedra, ao demostrarlle "que podo estar ao nivel destas xogadoras e chegar lonxe nas competicións do circuíto mundial", asegurou.
Relacionadas:
-
Xisela Aranda revalida un ano máis o seu título de campioa de España de Squash
Por Redacción |
-
Pablo Quintana, novo campión de España de squash sub-17
Por Redacción |
-
O Squash Pontevedra, en forma para o Campionato de España
Por Redacción |
-
Dobre medalla para o Squash Pontevedra na Copa de España Sub-17
Por Redacción |