Antón Cerdeira, un pontevedrés rumbo ao Mundial de 'Muay Thai'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ten só 17 anos e estuda 2º de Bacharelato, pero soña con realizar un bo papel no próximo Campionato do Mundo de boxeo tailandés, o coñecido como 'Muay Thai'.
O pontevedrés Antón Cerdeira proclamouse a pasada fin de semana campión de España da súa categoría (57 quilos) en Daganzo, Madrid, despois de vencer os seus dous combates ante rivais máis experimentados.
Tras este éxito o deportista pontevedrés pensa xa no Mundial que se celebrará entre o 19 e 29 de maio deste ano en Suecia, no que competirá coas cores do Nak Muaythai Galicia, club ao que pertence.
Ademais de Antón Cerdeira, a Selección Galega estaba composta en Madrid por outros tres deportistas: Aitor Soliño, Gabriel Martínez e Alejandro Viveiro.
Tras esta cita, o equipo galego iniciará o 8 de abril a Liga Nacional, tamén na capital de España, nunha competición que terá parada proximamente en Pontevedra.
O 'Muay Thai' é unha modalidade de boxeo que se desenvolve con técnicas de golpeo combinadas de pernas e brazos.