Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez acoden ao Campionato de España de Natación Adaptada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Natación Galaico estará representado a próxima fin de semana, os días 12 e 13 de marzo, no Campionato de España de Natación Adaptada por comunidades autónomas que se celebra en Sabadell, para o que foron convocados Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez.
Ambos acoden á cita coa vista posta nos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, do mesmo xeito que o resto de nadadores, que buscan certificar as marcas mínimas necesarias para acudir a Brasil.
Cimadevila nadará unicamente unha proba, os 100 braza, mentres Chano participará nos 50, 100 e 200 libre.
En total participarán no Campionato 194 deportistas, entre os que se atopan as figuras máis destacadas da natación adaptada nacional.