Bo papel do Club Natación Galaico no Nacional infantil de inverno
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Nove nadadores, seis mozas e tres mozos, desprazou a pasada fin de semana o CN Galaico a Terrassa (Barcelona) para disputar o Campionato de España Infantil Junior de Inverno.
O club pontevedrés achegou a participación máis nutrida da expedición galega, ademais de ser o único equipo galego en lograr postos de honra.
Na clasificación por clubs, o Galaico foi sétimo na clasificación feminina.
Águeda Cons foi prata en 800 metros libres e bronce en 400 metros libres, mentres que o equipo de 4x200 libres feminino junior, formado por Águeda Cons, Inés Gómez, Lara Gómez e Nuria Erselle, logrou a medalla de bronce.
Daniel Sánchez, Juan David Hernández, Cibrán Leal, Lara Gómez e Carla Goyanes disputaron postos de final rebaixando as súas mellores marcas.
Pola súa banda, Henar Cons e Inés Gómez non conseguiron meterse en final a pesar de facer un bo papel.