Marín presenta o II Trofeo de Baile Deportivo
Por Redacción
Máis de 100 parellas daranse cita este domingo día 3 de febreiro no II Trofeo de Baile Deportivo Concello de Marín, que se disputa no Pavillón Municipal da Raña de 12:00 a 20:00 horas.
Ademais da competición, puntuable para o ránking nacional da Federación Española de Baile Deportivo, tamén terá lugar un Open Internacional de bailes Latinos e Standard coa presenza de parellas españolas e portuguesas.
O prezo da entrada é de 6 euros, con descontos para nenos e maiores de 65 anos.