BM Lalín non perdoa a Balonmán.com (36-26) e Poio Artai cede ante o líder Chapela (19-32)
Por Redacción
Balonmán.com viaxou a Lalín con só 11 xogadores, incluíndo na lista a Pedro Pérez. Os locais esperábanlle nunha cómoda cuarta posición na táboa, aínda con aspiracións de meterse na promoción de ascenso, e non ían deixarse sorprender por un equipo que parece decidir que o que queda desta tempada sexa unicamente un trámite. BM Lalín fíxose pronto coas rendas do partido, escapándose de cinco (9-4) nos dez primeiros minutos.
Aínda que os pontevedreses lograron reducir esa desvantaxe (12-9), o equipo local controlou o partido en todo momento e asegurou os puntos vencendo sen maiores problemas (36-26).
Consulta aquí as estatísticas do partido.
BM CHAPELA ESCÁPASE NA SEGUNDA PARTE
A historia dos partidos do Poio Artai soa a repetitiva case cada xornada. Esta vez estaba ante un imposible ao recibir na Seca ao líder BM Chapela. A súa resistencia chegou exactamente ata o minuto 10 de partido (4-4). A partir de aí un parcial de 0-5 estableceu as primeiras diferenzas importantes, que os visitantes non tiveron problemas para manter sen necesidade de empregarse a fondo, ata chegar ao descanso con eses cinco tantos de vantaxe (9-14).
Tras o paso por vestiarios a vantaxe non deixou de crecer e os de Frank Teixeira, que aproveitou para repartir minutos entre os seus homes menos habituais, foron ampliando o oco cun 0-4 no primeiros cinco minutos do segundo tempo (9-18), ata chegar ao final para asinar un claro 19-32, sen ter que pisar o acelerador en ningún momento.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Atlético Novás sofre para impoñerse a Balonmán.com (29-25) e Poio Artai cede fronte á S.A.R. (21-28)
Por Redacción |
-
Balonmán.com cura feridas á conta dun Poio Artai que xustifica a súa traxectoria (38-22)
Por Redacción |
-
Contundentes derrotas de Balonmán.com ante Seis do Nadal (22-35) e Poio Artai fronte a Luceros (31-19)
Por Redacción |
-
Balonmán.com deixa escapar o triunfo na Cañiza (29-27) e Poio Artai cae ante Calvo Xiria (22-34)
Por Redacción |