Freada do Arosa que sae goleado de Redondela (3-0)
Por Redacción
O Arosa caeu con claridade en Santa Mariña e aumenta a súa maldición en Redondela, onde xa acumula 37 anos sen gañar. O conxunto local venceu 3-0 grazas aos tres goles conseguidos por Diego Silva, volvendo afastar aos arosistas dos postos de play-off.
O partido comezou mal para os de Piscis que vían como moi pronto, no minuto 3, o Choco por medio de Diego Silva, adiantábase no marcador cun gran gol de falta.
Reaccionou o Arosa que avisou por dúas veces. Primeiro nun remate de Rubén Martínez que salva Cortegoso, e logo noutro remate de Eloy Fariña, moi forzado.
Con todo, o Choco levaba moito perigo á contra e Silva perdoou o segundo nun disparo cruzado. O partido estaba bonito con ocasións para ambos os conxuntos. Os mellores minutos do Arousa foron mediada a primeira parte. Hugo Soto, cun gran disparo, fai lucir a Cortegoso. O meta local volveu salvar aos seus en dous bos remates de Camiño e Fafú.
Antes do descanso Vixo tivo que pedir o cambio tras un encontrón cun xogador redondelano e no seu lugar entrou Óscar. A última oportunidade foi para Hugo Sanmartín, que tira unha diagonal cara ao centro e o seu remate estrélase no poste da meta defendida por Jorge Pérez.
No segundo tempo o Choco sae replegado e deixa o control do balón ao Arosa. A pesar diso os locais volvían ter unha gran ocasión para facer o 2-0 nos pés de Hugo Sanmartín, pero o ex-arlequinado non estivo fino no man a man con Jorge Pérez.
Os de Piscis tamén levaban perigo e Fran Fandiño estivo a piques de marcar cun remate cruzado que sae preto do poste. Do posible empate chegaría o 2-0. Balón longo ás costas da defensa e Silva consegue definir.
Tras este gol do Choco, o Arosa reclamou penalti por unha caída de Rubén Martínez na área grande, pero o árbitro considerou que o xogador visitante tirouse e mostroulle cartolina amarela.
A 15 minutos do final o Choco faría o terceiro con outro gol de Silva, nunha acción moi similar ao segundo gol. O dianteiro local bate por baixo a Jorge Pérez, sentenciando o partido.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Negreira e Arosa asinan un empate que afasta a ambos dos postos altos (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa deixa dous importantes puntos ante o Silva (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa tomba ao Barbadás (5-1) e engánchase á pelexa polo cuarto posto
Por Redacción |
-
Os defensas deciden o derbi entre Ribadumia e Arosa (0-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Un Arosa de máis a menos termina perdendo na Lomba ante o Barco (1-2)
Por Redacción |
-
Javi Veloso chega cedido ao Arosa ata final de tempada
Por Redacción |