Triunfo de nivel do Leis Marcón ante o Ciudad de Alcorcón (4-2)
Por Redacción
Chegaba o Ciudad de Alcorcón a Pontevedra como líder da Segunda División Feminina de fútbol sala, pero atopouse á mellor versión dun Leis Marcón que confirma unha vez máis a súa melloría no inicio de ano.
As pontevedresas impuxéronse por 4-2 nun choque no que a presión das locais, moi sólidas en defensa, foi unha das claves.
Adiantouse o Leis aos 10 minutos tras un roubo culminado por Ali. O tanto deu forza aínda máis ás locais, que se lanzaron a por o segundo e atoparon premio antes do descanso cun bo tanto de Mar.
Xa na segunda metade, o Alcorcón reduciu distancias aos 29 minutos, pero Mar dous minutos despois volvía ver porta devolvendo a vantaxe de dous goles ás pontevedresas.
A falta de seis minutos as madrileñas optaron por xogar de cinco e volveron apertar o marcador, pero no último minuto o 4-2, obra de Carla a porta baleira tras un roubo, certificaba o mellor partido da tempada do Leis, que se sitúa na novena posición con 17 puntos.