O piragüismo galego afina a súa posta a punto en Verducido
Por Redacción
A pista de piragüismo David Cal de Pontillón do Castro, en Verducido, encherase de actividade ao longo da fin de semana cunha regata amigable organizada pola Federación Galega.
Preto de 500 padexeiros daranse cita no encoro pontevedrés nunha cita que servirá para afinar a súa preparación para a tempada deportiva, a menos dun mes para o inicio das diferentes ligas galegas.
Durante a mañá do sábado 6 de febreiro, desde as 10:00 horas, celebrarase un control de 5.000 metros para as categorías cadete, xuvenil, senior e veterano nas modalidades de canoa e kaiak.
Pola súa banda o domingo será a quenda das categorías infantil A e B, tamén na distancia dos 5.000 metros.
O alto número de participantes maniféstase principalmente na categoría senior e veterana masculina de kaiak, con máis de 140 deportistas, o que para a Federación Galega demostra a tendencia ascendente no númeo de licenzas experimentada nos últimos anos.