O Ribadumia segue sumando e sorprende ao Boiro en Barraña (1-1)
Por Redacción
Segue o Ribadumia cumprindo coa chamada "media inglesa", encadeando vitorias con empates e sumando xa nada menos que sete xornadas sen coñecer a derrota. Esta vez os de Sierra sorprenderon ao Boiro en Barraña conseguindo un punto de ouro que lles serve para manterse fóra dos postos de descenso.
Comezou moi ben o Ribadumia, que se adiantaba no marcador aos 12 minutos cun gol de Changui, facendo sobrevoar a sombra da sorpresa sobre Barraña.
Os de José Luis Lemos lanzáronse ao ataque conseguindo empatar pouco despois da media hora, nun balón que aproveitou Jorge Cano.
Na segunda parte a iniciativa correspondeu aos locais, aínda que ambos os equipos tiveron ocasións de inclinar a balanza ao seu favor. O Ribadumia defendeuse con orde, aínda que sufriu ata o final, para terminar sumando un valioso punto nun dos campos máis complicados da categoría.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Os defensas deciden o derbi entre Ribadumia e Arosa (0-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Curto pero vital triunfo do Ribadumia (1-0) que perdoou demasiado fronte As Pontes
Por Redacción |
-
O Ribadumia rescata un punto en Verín no último minuto e cun gol en propia porta (1-1)
Por Redacción |
-
Goleada do Ribadumia ao Órdenes (4-1) para achegarse á salvación
Por Redacción |