Poio Pescamar e Leis Pontevedra encaran a segunda volta nos postos de privilexio
Por Diego Espiño
O próximo fin de semana comeza a volta final de compteción na Segunda División Feminina de fútbol sala e Poio Pescamar e Leis Pontevedra están entre os equipos que loitan polos postos priviliegiados da clasificación.
Coa vitoria ante o líder Leganés no último partido ligueiro, as rapazas do Leis situáronse en quinto lugar a cinco puntos do primeiro posto, todo isto con moito por xogar, como recoñece o técnico das pontevedresas Jacobo Estors, "vemos que del primero al octavo cualquiera puede pelear por la liga, es una competiciçón muy igualada y si no estás al 100% todos los equipos te pueden ganar".
As pontevedresas basearon a súa fortaleza nos partidos da casa, por ese motivo entre os seus obxectivos no tramo final de liga está mellorar os seus números como visitante, "de los últimos años este es el peor fuera de casa", aínda que Estors o único que pide é saúde para as súas xogadoras despois das últimas lesións como a de Sara, que non volverá competir ata a próxima tempada ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo, "sólo pido eso, que no se lesionen más".
Pola súa banda o Poio Pescamar está máis preto aínda do liderado, só dous puntos separan ás de Marcio Santos do primeiro posto a pesar de que o obxectivo a principio de tempada era moi distinto, "el objetivo era mejorar el año pasado pero el equipo ha ido creciendo en todos los aspectos, mental, físico... está claro que es ilusionante estar arriba, es un premio al trabajo".
O adestrador roxillo tamén lle pide ao novo ano mellorar os resultados como visitante, aínda que é consciente da dificultade do último tramo de liga, "hay que mejorar ese aspecto de jugar con presión , a veces contra los árbitros... Pero somos conscientes de que la segunda vuelta siempre es más complicada porque todos necesitamos los puntos".
A próxima xornada o Leis recibe no Municipal ao Futsi Navalcarnero B, mentres o Poio viaxa a Tenerife para medirse ao FS Chaboyme.