Sábado de Surfski e Paddle Surf na Lanzada
Por Redacción
Preto dun cento de deportistas participarán este sábado na segunda edición da Ocean Race da Lanzada.
A proba, que dará comezo ás 15:30 horas, disputarase nas modalidades de Surfski e Paddle Surf, organizada pola Federación Galega de Piragüismo, Tartaruga Surf, Sipre e os concellos do Grove e Sanxenxo.
A saída darase coas piraguas preto da auga, fronte ás oficinas de Tartaruga Surf, e os participantes terán que percorrer a pé 50 metros ata as canoas antes de completar os 15 quilómetros de percorrido ata o porto de Portonovo.
O Paddle Surf, pola súa banda, sairá da praia de Major para terminar tamén en Portonovo.
Entre os inscritos figuran deportistas de catro países, algúns deles internacionais en diferentes modalidades do piargüismo como Iván Alonso e Diego Piña, os franceses Cyrille Carré e Rémi Pété ou o surafricano Oscar Chalupsky.