Grave revés do Cisne que cae vítima dos seus erros fronte a un duro Amenabar Zarautz (26-27)
Por Redacción
Non era o día para equivocarse, pero fíxoo o Cisne, que caeu nun partido crave fronte a un rival directo como Amenabar Zarautz, e fíxoo a partes iguais vítima dos graves erros cometidos e da tremenda dureza coa que se empregou o conxunto vasco, que chegaba á pista do CGTD consciente de que se xogaba case unha final pola permanencia, e que había que gañala.
Ata tres descualificacións sufriron os vascos, como consecuencia da súa dureza defensiva, con algunhas accións que rozaron a violencia, pero a pesar diso os de Edín Covelo non foron capaces de sacar partido desa circunstancia, nin tampouco souberon manter a vantaxe de catro goles (9-5) coa que chegaron ao ecuador da primeira parte.
Pero con todo, o que terminou de castigar ao equipo pontevedrés foi o seu desacerto na liña de sete metros, privándolle da vitoria, ou polo menos dun punto. Primeiro foi Álex Chan quen lanzou fóra un penalti, a falta de 1'40" para o final, con empate a 26 no marcador, pero o colmo da desgraza chegaba co cronómetro a cero e o 26-27 no luminoso, cando Javi Vázquez lanza outro penalti fóra que suporía a igualada final.
Os brancos comezaron ben, pero deixaron escapar esa cómoda vantaxe da que antes falabamos nun das súas clásicas fochancas de xogo, para irse ao descanso con empate (14-14).
Os comezos da segunda parte foron negativos para os intereses locais, cun Amenabar que lograba poñerse por primeira vez por diante, para irse ata de 3 goles (15-18) no minuto 35.
Reaccionaría o Cisne da man de Pablo Galán, sucedéndose os empates e vantaxes mínimas ata que Javi Vázquez e Iago Cuadrado conseguen un parcial de 3-0 para tomar de novo as rendas do partido (24-22), a falta de menos de dez minutos.
Daba a impresión de que o partido non se lle escaparía ao Cisne. Esa diferenza mantívose ata o 26-24 e menos de sete minutos por xogar. Con 26-25 é descualificado o xogador visitante Ánder Atorrasagasti, pero os locais non o aproveitan e Amenabar empata. Nova exclusión visitante. Álex Chan falla un penalti. En inferioridade, Míkel Martínez fai o 26-27. E cun minuto por xogar o Cisne forza outro penalti que Javi Vázquez desaproveita, lanzando fora.
Relacionadas:
-
Recital do Cisne fronte a un rival directo como BM Nava (35-26)
Por Ramiro Espiño |
-
El Cisne refuerza su plantilla con el regreso de Pablo Domínguez
Por Redacción |
-
O Barcelona B pasa por enriba dun frouxo Cisne (43-21)
Por Redacción |
-
Toño Lafuente, operado con éxito da súa lesión de xeonllo
Por Redacción |
-
Chamamento do Cisne á súa afección ante a visita do Amenabar Zarautz, rival directo pola permanencia
Por Redacción |
-
Bo xogo pero mal resultado do Cisne en Palma del Río (32-24)
Por Redacción |
-
O Cisne acaricia a vitoria fronte ao MMT Zamora (29-29) nun emocionante partido
Por Ramiro Espiño |