Bea Gómez e o Galaico, ante a primeira gran competición da tempada
Por Redacción
Chega a primeira gran competición da tempada no calendario nacional de natación, nun ano especial ao ter os prinicipales nadadores os Xogos Olímpicos entre cella e cella.
É o caso de Bea Gómez Cortés, que xunto ao resto do equipo do Galaico participará ata o domingo en Xixón no Campionato de España en Piscina Curta.
Será un bo test para a pontevedresa, cuxo principal obxectivo da tempada é lograr no Open de Primavera o billete para Río 2016.
Bea competirá en Asturias na 100 braza, 200 e 400 estilos e nos 200, 400 e 1.500 libre.
Será a principal baza do Galaico, pero non a única, pois lle acompaña un equipo con outros sete deportistas: Paula Goyanes (200, 400 e 1.500 libre, 200 e 400 estilos e 200 bolboreta), Iria García (400 e 800 libre), Águeda Cons (400, 800 e 1.500 libre e 400 estilos), Nuria Erselle (100 e 200 costas), Lara Gómez Cortés (200 bolboreta e 1.500 libre), Juan David Hernández (200 braza) e Daniel Sánchez (50, 100 e 200 costas e 1.500 libre).
Na piscina do Club Natación Santa Olaya de Xixón competirán durante tres días 518 nadadores de 126 clubs de toda España.
Relacionadas:
-
Bronce para Bea Gómez e notable papel de Águeda Cons e Paula Goyanes no Nacional de Piscina Curta
Por Diego Espiño |
-
O Natación Galaico, mellor club do Campionato Galego de Longa Distancia
Por Diego Torrado |
-
Positiva estrea do Natación Galaico na liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
O Galaico presume de base social na presentación da súa nova tempada
Por Redacción |