Monte Porreiro goza coa axustada vitoria do Universidade de Vigo (17-16)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pontevedra gozou por un día da máxima categoría do rugby nacional cun emocionante partido entre o Bluesens Universidade de Vigo e o Atlético de Madrid (17-16).
A cantidade de auga caída nos últimos días e que inundou o campo vigués das Lagoas obrigou o único equipo galego na División de Honra a emigrar por un día e o resultado non puido ser máis positivo para eles.
O Universidade de Vigo suma o seu segundo triunfo consecutivo despois dun encontro emocionante no que sempre foi a remolque no marcador, ata o punto que os primeiros puntos dos olívicos non chegaron ata o minuto 62 de partido.
Alejandro Blanco foi o autor do ensaio que achegou aos seus a un punto a falta de dous minutos (15-16), sendo a patada posterior de Moeke a que finalmente decidiu o choque para alegría do numeroso público que se achegou ata o campo de Monte Porreiro.
O Blusens Universidade sae da última posición con 18 puntos e achégase un pouco máis aos postos de salvación.