O Arxil apóiase na defensa para vencer con autoridade (74-50) a Universidad Oviedo
Por Redacción
Coa defensa como arma, o Arxil conseguiu cambiar o rumbo ligueiro poñendo fin a xeira de tres derrotas consecutivas, impoñéndose con claridade a un Universidade de Oviedo que practicamente enterrou as súas opcións xa no primeiro cuarto.
As mozas de Mayte Méndez non só realizaron un primeiro parcial case perfecto no que lograron unha renda de nada menos que 16 puntos (24-8), senón que nos dous seguintes deixaron ás asturianas por baixo dos 10 puntos anotados (7 puntos no segundo cuarto e 9 no terceiro).
Certo é que as pontevedresas non tiveron continuidade no seu xogo, cun segundo cuarto que finalizou nun raquítico empate a 7 puntos, pero tras chegar ao descanso con 31-15 a favor, o seu regreso á pista volveu ser esmagadora, asinando un parcial case idéntico ao primeiro (25-9) para deixar o choque sentenciado con 32 puntos de vantaxe (56-24), rebaixado lixeiramente polas visitantes, que aproveitaron os últimos 10 minutos para deixar a diferenza final nun rotundo +24 para o Arxil (74-50).
Ademais da fortaleza defensiva, a clave da vitoria pontevedresa foi que ata cinco das súas xogadoras lograron dobres díxitos de valoración, con María González, autora de 19 puntos (21 de valoración) e Yanique Gordon, que asinou 17 puntos (22 de valoración) á cabeza.
Consulta aquí as estatísticas do encontro.
Relacionadas:
-
Yanique Gordon conduce á vitoria ao Arxil na pista do Adba Avilés (60-79)
Por Redacción |
-
Skye Rees debuta no Arxil nunha partido clave para distanciarse da zona baixa
Por Redacción |
-
Rosinha Duarte abandona a disciplina do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil, a recuperar sensacións na visita do Universidad Oviedo
Por Redacción |
-
A arxilista Rosinha Duarte, convocada pola Selección Portuguesa
Por Redacción |
-
Arxil afúndese no terceiro cuarto fronte Al-Qázeres e reacciona tarde (78-66)
Por Redacción |