Repartición de puntos que sabe a pouco a Ribadumia e Bergantiños (2-2)
Por Redacción
Era un partido entre necesitados e terminou cun resultado que de pouco serve aos dous. Ribadumia e Bergantiños buscaban escapar da zona de perigo e acabaron repartindo puntos, nun choque de alternativas no que puido gañar calquera e que deixa aos dous equipos inmersos nos postos baixos da clasificación.
Os locais adiantábanse aos 25 minutos ao transformar Changui un penalti, pero o Bergantiños daría a volta ao marcador con dous goles de Álex Pérez, o primeiro pouco antes do descanso (minuto 44) e o segundo pasada a hora de xogo (minuto 54).
Con todo en contra, o Ribadumia foise arriba e conseguiu polo menos salvar un punto cun remate de Aram (minuto 73), que lle permite manterse fóra dos lugares de descenso, pero cos mesmos puntos que Órdenes e Noia e só un máis que o seu rival desta ocasión, o Bergantiños, e o Ribadeo, que son os catro equipos que pechan a táboa de posicións.
Relacionadas:
-
Derrota con polémica final do Ribadumia (1-2) ante Rápido de Bouzas
Por Redacción |
-
Ribadumia e Selección Galega empatan na Senra (1-1)
Por Redacción |
-
O Barco aproveita a expulsión de Giti para dobregar ao Ribadumia (2-0) nos últimos minutos
Por Redacción |
-
Vende cara a derrota o Ribadumia en Abegondo (3-2)
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Arousa e un do Ribadumia preparan coa Selección Galega a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
O Ribadumia deixa escapar a vitoria fronte a un Cerceda que remonta no último minuto (2-3)
Por Redacción |