Juanjo abandona o Arosa por motivos laborais
Por Redacción
Un dos xogadores máis valorados pola afección do Arosa abandona o club. Juan José Laíño "Juanjo", un dos capitáns do equipo, deixará de pertencer a próxima semana á disciplina arousá por motivos laborais.
Segundo informa a directiva do Arosa, o canteirán marcha a traballar a Inglaterra, o que impedirá que poida seguir xogando no club.
Juanjo empezou a dar os seus primeiros pasos na canteira do Arousa e finalizou no Pontevedra CF. Volveu a Vilagarcía hai cinco tempadas procedente do SD Negreira, converténdose nun dos xogadores máis valiosos para o club.
Desde entón, disputou máis de cen partidos coa camiseta arlequinada e marcou un gol. A súa gran actitude e liderado sobre o campo foron sempre moi ben valorados pola afección da Lomba.
O xogador asegura que lle gustaría poder retomar a súa carreira deportiva no fútbol inglés, sempre que os seus horarios laborais llo permitan, aínda que polo momento non pensou en nada. Iso si, non descarta volver ao Arousa se regresa a casa despois desta nova aventura.
"Estaría encantado de poder volver vestir esta camiseta e sería unha gran honra para min", afirma o xogador, que asegura estar "eternamente agradecido" polo trato recibido na Lomba.
Relacionadas:
-
Cómodo triunfo do Arosa (0-3) en Verín
Por Redacción |
-
Adrián Camiño, sancionado economicamente polo Arosa por uns comentarios en redes sociais
Por Redacción |
-
Vitoria balsámica do Arosa (2-1) sobre o Órdenes
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Arousa e un do Ribadumia preparan coa Selección Galega a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |