O Waterpolo Galaico sorprende (13-11) o CN Coruña, actual campión de liga
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra logrou esta fin de semana unha importante vitoria para seguir á fronte da liga Galega Absoluta de Primeira División. Visitaba a piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) o CN Coruña -actual campión de liga e copa- e, a pesar de ser claros favoritos, caeron derrotados por 13-11 ante os pontevedreses.
O encontro non comezou ben para os locais. Co 1-4 en contra que lograron os coruñeses, todo facía presaxiar unha clara derrota dos pontevedreses como ocorreu na Supercopa disputada a principios de outubro.
Pero os pontevedreses reaccionaron no segundo cuarto para chegar ao ecuador do partido a un só gol de distancia dos coruñeses. Un gran terceiro cuarto, onde o CW Galaico Pontevedra aproveitou varios contraataques, permitiulle remontar e chegar a poñerse cunha vantaxe de 11-7.
A partir de aí, os do Lérez xogaron máis co corazón que coa cabeza, con varios erros que puxeron en perigo a vitoria.
Pero aproveitando os erros dos visitantes, o CW Galaico Pontevedra conseguiu sumar tres valiosos puntos para manterse á fronte da clasificación con dúas vitorias nos dous partidos disputados.
CW GALAICO PONTEVEDRA: Raúl, Rober, Manu (3), Artai, Aarón (3), Miguel, Ángel, Andrés (3), Juanjo (1), Iago, Bran (2), Pablo T. (1) e Pablito.
CN CORUÑA: Orjales, Escuredo, García, Gato (1), Alba (1), Abuin (2), García (1), Sánchez, Patiño (4), Iglesias (1), Branco (2) e González.
Parciais: 1-4, 4-2, 6-3, 2-3
Relacionadas:
-
O Waterpolo Galaico Pontevedra presume de familia
Por Redacción |
-
O Waterpolo Galaico mantense como líder sólido da Liga Galega
Por Redacción |
-
A disolución do Waterpolo Galaico, a debate na próxima asemblea do club
Por Redacción |
-
Os equipos do Waterpolo Galaico non poden co CN Coruña na Supercopa Galega
Por Redacción |