Ao Poio Pescamar escápaselle o partido en Alicante (4-3) en catro minutos de descoido
Por Redacción
Acariñou o Poio Pescamar a consecución dos seus primeiros puntos a domicilio na actual tempada, pero escapóuselle a posibilidade de sacar algo positivo da súa visita ao Universidad de Alicante ao encaixar dous goles en menos de catro minutos mediada a segunda parte, sen que a reacción final fose suficiente para nada máis que recortar diferenzas.
As mozas de Basanta foron capaces de nivelar o marcador despois de comezar encaixando dous goles nos cinco primeiros minutos. A partir da metade da primeira parte, as pontevedresas reaccionaron e marcaron outros dous goles moi seguidos nos minutos 10 e 12. As goleadoras foron Yoli e Jessi, respectivamente. Con este 2-2 no marcador irían ao descanso.
Pero á volta de vestiarios de novo as alacantinas souberon soster a situación e manterse superiores. Tomaron de novo o mando poñéndose 4-2 cos goles de Pao á saída dunha falta indirecta ao bordo da área e de Txitxo de vaselina desde mitade de cancha con Irene adiantada. Era o minuto 28.
Foi entón cando o Poio optou por apostar polo xogo de cinco para tratar de reducir a súa desvantaxe e logrouno no minuto 36, ao anotar Ale de Paz o terceiro gol do seu equipo.
Pero as alacantinas mantiveron o ritmo do partido e as de Poio non puideron sacar froito da súa presión final para lograr polo menos un punto que por xogo e ocasións mereceron.
Con este resultado, o Poio Pescamar cae ata a oitava praza con nove puntos.
UNIVERSIDAD DE ALICANTE (4): Jennifer; Txitxo, Ana María, Pao e Sara Navalón (quinteto inicial). Tamén xogaron, Elena, Rocío, Mónica e Lara.
POIO PESCAMAR (3): Irene; Charo, Jenny, Jessi e Yoli (quinteto inicial). Tamén xogaron, Claudia, Paula, Suki, Kity, Nere, Elena e Ale.
Goles: (1-0) Minuto 3: Sara Navalón. (2-0) Minuto 5: Rocío. (2-1) Minuto 10: Jessi. (2-2) Minuto 12: Yoli. (3-2) Minuto 24: Pao. (4-2) Minuto 28: Txitxo. (4-3) Minuto 36: Ale de Paz.
Incidencias: Pavillón Universidad de Alicante. Máis de 250 espectadores.
Relacionadas:
-
Ourense Envialia imponse ao Poio Pescamar (4-2) na segunda parte
Por Redacción |
-
Os paus frean ao Poio Pescamar e provocan a súa derrota ante o Gironella (0-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar remonta para golear ao Lacturale Gurpea Orvina (6-1)
Por Redacción |
-
Fai sufrir o Poio Pescamar ao Burela FS pero termina cedendo (5-3)
Por Redacción |