Marín Peixe Galego logra o seu primeiro triunfo á conta do Zornotza (76-80)
Por Redacción
Non era fácil a saída á localidade vasca de Amorebieta. O Marín Peixe Galego necesitaba un triunfo despois de saír derrotado nas dúas primeiras xornadas de liga e conseguiuno, non sen esforzo, á conta dun Zornotza que estivo a piques de dar a volta ao marcador no último cuarto, despois de ir a remolque dos marinenses durante todo o partido.
Os galegos foron sempre por diante, aínda que no primeiro cuarto custoulles impoñerse (19-20), pero sería no segundo parcial cando conseguiron abrir brecha (21-29) e poñer os cimentos da súa vitoria final, logrando irse ao descanso con nove puntos de vantaxe (40-49).
Gabo Rogers resultou clave co seu acerto no lanzamento exterior (6 de 9 en triplos, para sumar 22 puntos e 15 de valoración).
Á volta de vestiarios, os marinenses ampliaron máis a súa vantaxe no terceiro cuarto (14-17), para entrar no último período con 12 arriba e o partido ben encarrilado. Con todo os vascos non se deron por vencidos e fixeron sufrir ao Peixe Galego, cun 22-14 no parcial final, insuficiente para impedir que os puntos voasen ata Marín.
Relacionadas:
-
Gabo Rogers e Javonte Green conducen á vitoria a Marín Peixe Galego sobre Basquet Tarragona (81-66)
Por Redacción |
-
Fundación Lucentum domina e vence con autoridade ao Marín Peixe Galego (83-64)
Por Redacción |
-
Antonio Pantín lidera ao Marín Peixe Galego na súa vitoria (87-72) ante Simply Olivar
Por Redacción |
-
O Peixegalego queda ás portas da remontada en Ávila (64-62)
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Marín respira... Balónpeixe!
Por Redacción |
-
O Peixe Galego arranca a tempada con derrota na casa ante o Araberri (73-77)
Por Redacción |