Ultiman os detalles para o cuarto Torneo Internacional Junior de Tenis de Pontevedra
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil, en Mourente, serán escenario por cuarto ano consecutivo do Torneo Internacional Junior de Tenis de Pontevedra, do circuíto mundial da categoría (ITF).
A competición desenvolverase entre os días 13 e 18 de outubro baixo o mesmo formato de edicións anteriores, unha fase previa con 32 xogadores por cadro, feminino e masculino, e un cadro final co mesmo número de tenistas.
A poucas semanas para o evento a organización traballa en pechar a lista de inscritos e en todos os preparativos para que poidan estar en Pontevedra algunhas das mellores raquetas internacionais en idade junior.
Para iso, e como premio extra, o torneo xunto ao Mercantil renovou o acordo de colaboración coa empresa Verdasco & Taracido que permitirá ofrecer aos gañadores e finalistas un servizo de becas para adestrar e estudar en Estados Unidos.
Pese aos intentos por intentar subir a súa categoría, o torneo ITF volverá estar catalogado como de grado 3 pola Federación Internacional.
Dous días despois desta cita, Sanxenxo tomará a testemuña coa decimo cuarta edición do seu torneo ITF, o máis antigo de España e que este ano estreará a catalogación de grado 2.