Complicada estrea na casa para o Poio FS cun derbi ante o Cidade das Burgas
Por Redacción
Primeiro partido da tempada na casa para o Poio Fútbol Sala, que trala súa derrota en Alcorcón busca estrearse ante un óso duro, o Cidade das Burgas.
O conxunto ourensano tamén chega á cita deste sábado (18:30 horas) no pavillón da Seca tras encaixar unha derrota na súa estreo.
As vermellas esperan traducir a súa boa pretemporada nos primeiro puntos da liga, pero son concientes da dificultade que terá o primeiro derbi do curso, tendo en conta que o Cidade das Burgas mantén o bloque que lle fixo subcampión de liga a pasada campaña.
A xornada de fútbol sala na Seca será intensiva, xa que o filial xogará inmediatamente despois do primeiro equipo, polo que desde o club trasladaron un chamamento para que o pavillón presente o ambiente das grandes citas.
Será ademais a primeira ocasión na que os socios poidan retirar o seu carné de abonado.