Álex Bernárdez e Adrián Sieiro rozaron as medallas na última xornada do Europeo Junior e Sub-23
Por Redacción
Ás portas do podio quedaron Álex Bernárdez e Adrián Sieiro, palistas do Club Piragüismo Poio, na última xornada do Campionato de Europa Junior e Sub-23 disputado durante o fin de semana na localidade rumana de Baskov.
Bernárdez finalizou na cuarta posición do C-1 500 metros júnior a un segundo do terceiro clasificado, o bielorruso Mikita Miarhuyeu, mentres a primeira praza foi para o ruso Arten Pron. Ademais o pontevedrés tamén foi quinto no C-1 200 metros.
Pola súa banda Adrián Sieiro estivo máis cerca do caixón en tempo, ao quedarse a 200 milésimas do terceiro no C-1 200 metros sub-23, no que foi quinto. Onde non tivo opcións foi no C-1 500, no que foi oitavo.
Nas xornadas finais tamén participaron Carla Sieiro e Iago Monteagudo, do Club Naval Pontevedra, sendo Sieiro segunda na final B do K-1 1.000 metros júnior e Monteagudo oitavo na final B do K-2 1.000 junior xunto ao seu compañeiro Andrey Mor.
Relacionadas:
-
Primeiro paso dos canoístas do Piragüismo Poio e do Breogán no difícil camiño a Río 2016
Por Redacción |
-
Alex Bernárdez e Adrián Sieiro, á final do Europeo Júnior e Sub23 de piragüismo pola vía rápida
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, a pola súa primeira medalla internacional no Europeo júnior e sub23 de piragüismo
Por Redacción |