Remontada do Marcón en Mondariz para sumar o seu segundo triunfo da tempada (1-2)
Por Redacción
Importante triunfo do Marcón, primeiro a domicilio da tempada, na súa visita ao campo do Mondariz (1-2).
Os pontevedreses tiveron que remontar o temperán gol de Víctor para os locais, que lles sorprendeu aos catro minutos.
Pese ao intento de reacción, non foi ata a segunda metade cando chegaron os tantos do Marcón, primeiro por obra de Valiñas aos 62 minutos, mentres Sapi completaba a remontada transformando un penalti no 69.
O triunfo, segundo da liga, fai que os de Carlés ascendan á metade da táboa con seis puntos, siuados na décima praza.