O Ribadumia-Boiro, primeiro partido de categoría nacional arbitrado só por mulleres
Por Redacción
O campo da Senra, en Ribadumia, vivirá o vindeiro domingo 13 de setembro un día especial, e é que nas súas instalacións disputarase o primeiro partido de fútbol de categoría nacional masculina arbitrado só por mulleres.
O choque entre Ribadumia e Boiro, correspondente á cuarta xornada do Grupo I de Terceira División, estará dirixido pola ourensá Zulema González como árbitro principal, auxiliada nas bandas por Elena Casal e Alicia Andrés.
Zulema converteuse esta tempada na primeira trencilla galega que ascende a unha categoría nacional, a Terceira, como árbitro principal, mentres Elena e Alicia actúan habitualmente na Rexional Preferente.
O choque dará comezo ás 18:00 horas reflectindo unha realidade, o cada día maior peso da arbitraxe feminino no mundo do fútbol.