A Gimnástica compite o sábado na recuperada Copa de Galicia en pista cuberta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dende o ano 1992 o Palacio de Deportes de Riazor, na Coruña, non acollía a Copa de Galicia de atletismo en pista cuberta, cita que designaba á mellor entidade da Comunidade da tempada invernal. Alí estará este sábado, como entón, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que desprazará ata a cidade herculina aos seus equipos masculino e feminino.
Nas pistas de Riazor estarán competindo, tanto en homes como en mulleres, o Celta de Vigo, ADAS de O Barco, Narón, Coruña Comarca e Sociedad Gimnástica, mentres que o Ría de Ferrol soamente acode co seu equipo feminino. O Ourense Atletismo anunciou a súa ausencia por motivos económicos.
A competición comezará ás catro da tarde coas probas femininas de salto de altura e salto de lonxitude e a masculina de salto con pértiga. Será pouco despois das sete e media da tarde, hora prevista das últimas carreiras, cando se coñecerán os ganadores da competición.