O Poio FS arrancará a liga en Alcorcón a mediados de setembro
Por Redacción
A Primeira División de Fútbol Sala feminino arrancará o próximo 19 de setembro e farao de novo coa presenza do Poio FS, que buscará un ano máis a permanencia na máxima categoría.
O equipo rojillo empezará a liga a domicilio visitando ao Ciudad de Alcorcón, para estrearse na casa unha semana despois no primeiro enfrontamento galego, ante o Cidade dás Burgas.
Tras a oitava xornada producirase o tradicional parón da competición, xusto despois de que o Poio xogue fóra ante o Ourense Envialia, o 7 de novembro, volvendo a liga o 5 de decembro recibindo na Seca o actual campión, o Futsi Atlético Féminas.
A Primeira División concluirá o 4 de xuño, pechando o pano as futbolistas adestradas por Jorge Basanta a domicilio ante o Rubí FS.
Os duelos ante equipos galegos quedaron fixados para as xornadas 2 e 16 no caso do Cidade das Burgas, 4 e 19 ante o Burela FS, 8 e 23 contra o Ourense Envialia e a xornada 12 e 27 co Valdetires Ferrol.
Consulta aquí o calendario completo da competición.
Relacionadas:
-
O Poio Fútbol Sala, premiado como mellor club de Galicia
Por Redacción |
-
O Poio FS inicia a pretempada co obxectivo de "seguir creciendo" na máxima categoría
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poio Pescamar e Leis Pontevedra xa teñen rivais para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Jorge Basanta será o novo adestrador do Poio Pescamar FS na Primeira División
Por Redacción |