Non puido culminar a remontada o Villalonga en Barbadás (3-2) nun partido marcado polas accións a balón parado
Por Redacción
De caer goleado a rozar a remontada imposible. Nun partido estraño o Villalonga caeu derrotado en Os Carrís ante o Barbadás (3-2). Os de San Pedro pasarón de perder 3-0, a pouco de comezar a segunda parte, a rozar a igualada nos compases finais, cando despois de poñerse a un só gol tivo unha grande ocasión para rescatar un punto nun disparo de Marc que repeleu o longueiro do cadro ourensano.
Con poucos espazos para xogar ante as características do campo, as accións a balón parado serían claves. Así mediada a primeira parte Nuno estrela un saque de falta no longueiro da portaría de Roberto Pazos e o rexeitamento aprovéitao Oli para abrir o marcador.
Os visitantes encaixarían o segundo tamén a balón parado, cando Javi Ramos pon na escuadra unha falta directa. O Villalonga íase ao descanso co partido moi complicado e máis cando tras saír no segundo período intentando recortar para meterse no partido se encontra cunha nova mazada. O Barbadás fai gala outra vez da súa grande efectividade e Alfredo aproveita un balón solto na área para revolverse e marcar a media volta.
Con 3-0 o partido parecía sentenciado, pero o Villalonga non baixou os brazos e tivo unha mínima recompensa á súa entrega. Saúl a centro de Fran Matos fixo o 3-1, abrindo a porta a unha posible remontada. O dominio era do Villalonga, mentres o Barbadás buscaba a sentenza ao contraataque. Martín tivo un par de ocasións para facer o cuarto dos ourensanos, pero os de Jacobo Molina seguián chegando e dispoñendo de ocasións, ata que a cinco minutos do final acertou Roberto Piñeiro tras un rexeitamento do porteiro.
Quedaba pouco tempo pero suficiente para que os visitantes rozasen a xesta por medio de Marc, pero o seu disparo en lanzamento de falta dende máis de 30 metros rematou no longueiro, evitando un empate que tivese sido o resultado máis xusto.
UD BARBADÁS (3): Berto, Jorge, Alfredo, Vieytes, Nacho Currás, Nuno, Felipe (Luis, min 62), Oli, Martín Pérez (Diego López, min 89), Rafita e Javi Ramos (Cuquejo, min 74).
VILALONGA FC (2): Roberto Pazos, Leo, Ismael, Miguel Vázquez, Roberto Feáns (Javi Nogueira, min 52), Marc, Nelo (Tenorio, min 77), Fran Matos, Roberto Piñeiro, Saúl (Quini, min 87) e Machu.
Árbitro: Martínez Santos (Santiago). Mostrou tarxeta amarela a Vieytes, Javi Ramos, Jorge e Roberto Feans.
Goles: (1-0) Minuto 24: Oli. (2-0) Minuto 37: Javi Ramos. (3-0) Minuto 51: Alfredo. (3-1) Minuto 64: Saúl. (3-2) Minuto 86: Roberto Piñeiro.
Incidencias: Campo de Os Carrís. Preto de 400 espectadores.