Terceiro título nacional consecutivo para o equipo cadete feminino do Poio FS
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Volvérono facer. Por terceiro ano consecutivo o equipo cadete feminino do Poio Fútbol Sala proclamouse campión de España.
O equipo vermello defendeu con éxito a súa coroa na localidade almeriense de Níjar vencendo nunha apertada final ao Roldán por 2-1, seguindo os pasos das infantís, que tamén se proclamaron hai uns días campioas nacionais.
As galegas dominaron o choque adiantándose no marcador, pero cando acariciaban a vitoria o Roldán empatou o partido. Faltaba minuto e medio pero apareceu Teresa para, a pouco máis de 20 segundos para o final, facer o gol definitivo.
A canteira do Poio volveu brillar e suma nos últimos tres anos cinco entorchados nacionais.
En semifinais as vermellas gañaran ao Móstoles por un resultado de 5-3.