Lucía Vázquez cede parte da súa vantaxe pero mantén o liderado en Portugal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A falta de dúas probas para a conclusión da Taça de Portugal, Lucía Vázquez mantense á fronte da clasificación xeral.
Faino malia ver reducida a seis puntos a súa renda con respecto á segunda clasificada, a estoniana Maaris Maier, vencedora en Ribeira de Pena na cuarta cita da competición lusa.
Lucía chegou segunda a liña de meta nunha carreira na que tivo algúns problemas: "Ía moita calor, pero o peor era a cantidade de po que se levantaba. Resultaba imposible non o tragar e iso fíxome moito dano. Custábame respirar e ía moi afogada", recoñeceu a deportista de Vilaboa.
Tras algo máis de hora e media de carreira, Lucía Vázquez finalizou a minuto e corenta segundos da gañadora, mentres a portuguesa Joana Monteiro foi terceira.
A Taça de Portugal, un dos principais obxectivos da tempada para a ciclista pontevedresa, afronta agora un parón ata o 20 de setembro, cando se celebrará a carreira de Oliveira de Azemeis.