Salvados! O Marcón asegura de novo a permanencia gañando no Carballiño (0-2)
Por Redacción
Por segunda vez en sete días o Marcón Atlético celebra a súa permanencia en Rexional Preferente, pero esta vez faino convencido de que ningunha aliñación indebida ou imprevisto os colocará de novo en perigo.
O estalido de alegría no Carballiño foi grande na expedición pontevedresa, polo revés que supuxo ter que seguir loitando pola permanencia e pola praga de baixas que asolaba o equipo ante a última e definitiva xornada de liga.
Pero os de Carlés crecéronse ante a adversidade e sacaron a súa versión máis competitiva nun duelo na casa do Arenteiro que se decidiu na segunda metade.
Na primeira parte a igualdade foi máxima, cos nervios propios dun Marcón que sabía que non podía fallar.
O encontro decantouse á volta de vestiarios cos tantos de Héctor aos 51 minutos e de Gelillo aos 64.
Nese momento chegou o sufrimento por asegurar o resultado, que malia o esforzo local xa non se movería confirmando, esta vez si, que o Marcón Atlético é equipo de Preferente.
CD ARENTEIRO (0): Marcos, Carlos, Pol, Gele, Lois, Dafonte (Martín, min.65), Quiroga, Manu (Gallego, min.23), Choco (Esteban, min.72), Bardelas, Dani Vázquez (Sanginés, min.65).
MARCÓN ATLÉTICO (2): Joaquín, Steve (Rodri, min.87), Marcos, Álvaro, Valiñas, Sapi (Adrián Regueira, min.88), Arturo, Iago (Gelillo, min.57), Bolo, Héctor, Martín (Jaime, min.89).
Árbitro: Ferrol Muñiz. Amoestou a Dafonte, Pol e Martín no Arenteiro e a Martín, Sapi e Héctor no Marcón. Expulsou por vermella directa ao pontevedrés Iago (min.68) e ao seu adestardor Carlés (min.80).
Goles: 0-1 Héctor (min.51), 0-2 Gelillo (min.64).
Incidencias: Partido disputado no Municipal Espiñedo do Carballiño.
Relacionadas:
-
Tres fichaxes confirmadas nun Marcón que quere dar un paso adiante
Por Diego Espiño |
-
Carlés renova un ano máis polo Marcón e avanza unha profunda renovación no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Un Marcón en cadro busca asegurar por segunda vez a permanencia gañando en Carballiño
Por Diego Espiño |
-
Unha aliñación indebida do Pontevedra B complica a permanencia do Marcón
Por Diego Espiño |