Dous goles de Óscar Guimeráns permiten remontar ao Ribadumia (3-1) que priva do terceiro posto ao Choco
Por Redacción
Dous góles de Óscar Guimeráns en apenas tres minutos tras o descanso, permitiron ao Ribadumia remontar un partido que se lle puxera costa arriba no primeiro tempo, para pechar a tempada derrotando o Choco e privando o equipo de Jacobo Montes de acceder ao terceiro posto.
Cos redondelanos pensando máis nun histórico play-off para o que se clasificaron con todo mérito, o partido foi entretido e con numerosas oportunidades. Os dous primeiros goles chegaron de penalti. O primeiro para o Choco transformouno Róber, adiantando os visitantes. Changui empataba tamén dende os once metros, pero logo fallaría outro máximo castigo, convertendo o porteiro visitante en protagonista.
Os comezos da segunda parte serviron ao Ribadumia para marcar dous goles nun suspiro. Óscar Guimeráns foi o seu autor e os aurinegros pechan a tempada do seu debut en terceira división cun meritorio sétimo posto final.
CD RIBADUMIA (3): Javi Sánchez; Pacheco, Aram, Adrián Padrón, Óscar Río; Sidibé, Bisti (Jacobo, min. 61); Fran Matos (Ismael, min. 78), Óscar Guimeráns, Adrián Padín (Sylla, min. 53); e Changui.
CD CHOCO (1): Aarón; Pablo Piñeiro, Saúl (Míchel, min. 46), Lucas, Cristian; Brian, Muíños, José Ramón (Gonzalo, min. 54), Róber; Hugo (Silva, min. 73) e Aitor Gómez.
Árbitro: Alejandro Do Río Amor (A Coruña),auxiliado nas bandas por Daniel Pérez Montouto e Rubén Vázquez Penas. Amoestou os xogadores locais Adrián Padín e Aram e os visitantes Róber e Saúl.
Goles: (0-1) Minuto 11: Róber, de penalti. (1-1) Minuto 36: Changui, de penalti. (2-1) Minuto 46: Óscar Guimeráns. (3-1) Minuto 48: Óscar Guimeráns.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 250 espectadores.