![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5b9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5550cf02b9-_mg_1164.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Nove citas para a Copa Deputación de Mini BTT
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Das 20 probas que se disputarán esta tempada en Galicia, nove serán na provinicia de Pontevedra configurando a Copa Deputación de Mini BTT.
Preto de 300 ciclistas, con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos participarán nunha competición que contará con paradas en Cambados Poio, Marín e Sanxenxo.
A Copa Deputación disputarase entre os meses de maio e agosto coa intención de "fomentar o traballo, a ilusión e a base que é o futuro do ciclismo", sinalou o presidente da Federación Galega, Juan Carlos Muñiz, na firma do convenio de colaboración coa administración provinicial.
Este circuíto de BTT arrancou a pasada fin de semana en Castrelos (Vigo), e continuará en Coruxo (23 de maio), Cambados (31 de maio), Lourido (13 de xuño), Lago de Castiñeiras (28 de xuño), Sanxenxo (12 de xullo), Ponteareas (26 de xullo) e de novo Vigo e Coruxo (23 e 29 de agosto respectivamente).