O Portonovo complícase ao perder en Baltar ante o Porriño (1-2)
Por Redacción
Era a primeira opción de ascenso. O Portonovo necesitaba gañar na casa ao Porriño e esperar un tropezo do Verín, pero nin unha cousa nin a outra.
Os arlequinados manteñen tres puntos de renda sobre a terceira praza a falta de dúas xornadas pero complícanse a vida tras verse sorprendido polo Porriño (1-2).
O cadro visitante sufriu no primeiro tempo as acometidas locais, resisitiendo coa súa portaría a cero ata que ao fío do descanso, nun lanzamento que desvía un defensa do Portonovo, lograba facer o 0-1.
No segunda acto o Porriño poñía o 0-2 dende o punto de penalti.
O Portonovo non se rendeu e lanzouse a pola remonatada recortando distancia tamén dende os once metros aos 61 minutos, cun gol de Hugo Soto, pero non lograron culminar a proeza e deberán seguir sufrindo nas últimas xornadas do campionato.
PORTONOVO SD (1): Iván Parada, Gándara, Suso Bea, Agra, Álex Cubas (Pablo Blanco, min.87), Víctor, Nacho (Iván Dadín, min.77), Brian, Luis Alberto, Hugo, César (Marcos, min.55).
PORRIÑO INDUSTRIAL CF (2): Samuel, Marcos Martínez, Miguel, Ismael, Bruno, Estefan, Eduardo, Groba (Jorge Veloso, min.84), Olivera, David (Calviño, min.59), Claudio (Adrián, min.88).
Árbitro: Seijas Rodríguez. Amoestou a Nacho e Suso Bea no Portonovo e a Claudio, Estefan, Eduardo e Miguel no Porriño. Expulsou ao local Gándara por dobre cartón (min.79).
Goles: 0-1 Olivera (min.43), 0-2 Estefan de penalti (min.53), 1-2 Hugo Soto de penalti (min.61).
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.