A mellor versión do Poio Artai non abonda para evitar a derrota (30-32) fronte a OAR Coruña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non puido brindar o Poio Artai unha vitoria aos seus afeccionados na súa despedida da categoría, a pesar de ofrecer a súa mellor versión en moito tempo ante un equipo coruñés que veu a xogar un partido de trámite, cos efectivos xustos, pero soubo administrar a curta vantaxe adquirida para rematar levándose os puntos.
Os visitantes levaron a iniciativa no marcador durante a maior parte do partido, cunha máxima diferenza de catro goles, que o Poio conseguiría neutralizar e mesmo superar para irse ao descanso mandando pola mínima.
Na segunda parte a igualdade foi a tónica ata que a falta de 15 minutos os coruñeses lograrían unha renda de dous goles que fixeron valer ata o final.
POIO ARTAI (30): Juanjo Novás, Salgueiro; Víctor Barreiro, Gabriel Cores (2), Erselle (6), Carlos (10), Eloy Lorenzo, Mosquera (2), José Manuel Núñez, David Rodríguez, Roibás (7), Martín Tarrío (2) e Daniel Castro (1).
OAR CORUÑA (32): Ignacio Santos, Roberto Casero; Víctor Couceiro (12), Daniel Picado (3), Hugo Rodríguez, Sergio Sarasola (8), Manuel López (2), Carlos Martín, Diego Martínez (5) e Ignacio Suárez (2).
Árbitros: Alejandro Hoz Fernández e Áxel Riloba Pereda (Cantabria). Excluíron dous minutos a Martín Tarrío, Gabriel Cores, Carlos (2) e Erselle, polos locais, e a Carlos Martín, Sergio Sarasola, Ignacio Suárez e Manuel López, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 3-4, 6-8, 7-11, 11-14, 13-16, 17-16 (descanso), 18-20, 21-21, 24-25, 26-27, 28-30 e 30-32 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 100 espectadores.