Boa imaxe da Escola Hungaresa no Torneo Nacional de Sabre M-15 de Barcelona
Por Redacción
Gran resultado o obtidos o pasado domingo os tiradores da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra no Torneo Nacional de Sabre M-15 celebrado en Barcelona.
O campionato, que era clasificatorio para o Nacional, contou coa participación de deportistas procedentes de Francia que elevou o nivel da proba.
Nesta participaron os pontevedreses Luis e Paulo Castro Chema Carrera, Andrés Boullosa, Pablo González e Alberto Campelo.
O resultado máis notable foi para os irmáns Castro, que se meteron na final dos 8 mellores tiradores, onde caeron ante rivais franceses en enfrontamentos moi igualados para ser sétimo Luis e oitavo Carlos na calsificación final, o que lles fai sumar importantes puntos no ranking nacional.
Pola súa banda Chema Carrera rematou no posto 17, Andrés Boullosa no 24, Pablo González no 36 e Alberto Campelo no 47.
Todos os tiradores pontevedreses lograron nesta cita a súa clasificación para o Campionato de España M-15, ao que acceden os 48 mellores do ranking. Tamén o lograron na modalidade de equipos, mantendo o segundo posto do ranking nesta clasificación.
PABLO MORENO CONCENTRADO CO EQUIPO NACIONAL
Por outro lado o sablista do club pontevedrés Pablo Moreno encóntrase estes días concentrado o equipo nacional preparando a Copa do Mundo Vila de Madrid, primeira proba puntuable para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
Relacionadas:
-
Subcampionato de España para Luis Castro e o equipo de sabre M-15 da Escola Hungaresa
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa, mellor club do Campionato Galego Absoluto de Esgrima
Por Redacción |
-
Pablo Moreno logra a medalla de bronce no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción |
-
Pablo Moreno faise co bronce no último Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción |
-
Bronce por equipos para o Escola Hungaresa no Campionato de España de Sabre M-20
Por Redacción |
-
Luis Castro, bronce no primeiro Torneo Nacional de Ranking de Sabre da categoría M-15
Por Redacción |