Remontada do Portonovo ante o Alertanavia (2-1) para manter a súa posición de privilexio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha xornada menos para o final da liga regular na Rexional Preferente e o Portonovo mantén a súa vantaxe con respecto á terceira praza, asentado no segundo posto con seis puntos de renda sobre o Verín.
Faino despois dun sufrido e traballado triunfo ante o Alertanavia, que esixiu o máximo dos arlquinados e lles obrigou mesmo á remontada.
O Portonovo tivo que repoñerse ao gol de Víctor Vázquez aos 13 minutos de xogo, pero fíxoo rapidamente coa igualada de Nacho no 21.
As sensacións non eran as mellores pero os locais tiraron de galóns na segunda metade para rematar decidindo cun gol de Hugo Soto que achega, un pouco máis, o regreso da entidade a Terceira División.
PORTONOVO SD (2): Iván Parada, Marcos (Manu Sieiro, min.45), Gándara, Iván Renda, Suso Bea, Álex Cubas (Agra, min.87), Víctor (Brian, min.64), Nacho (Iván Dadín, min.76), Luis Alberto, Diego, Hugo Soto.
CP ALERTANAVIA (1): Benavides, Pablo Pérez, Adrian, Barciela, Borja Fernández (David Méndez, min.86), Pablo García (Julio, min.70), Paulo (Ignacio, min.77), Alberto, Víctor Vázquez, Adrian López, Carlos (Picallo, min.86).
Árbitro: Pérez Montouto. Amoestou a Nacho no Portonovo e a Alberto, Adrian e Julio no Alertanavia.
Goles: 0-1 Víctor Vázquez (min.13), 1-1 Nacho (min.21), 2-1 Hugo Soto (min.73).
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.