Peixe Galego remata sexto vencendo o Sáenz Horeca Araberri (87-81) e xogará o play-off contra Lucentum
Por Redacción
Sexto posto final para o Marín Peixe Galego, que culmina así unha excelente traxectoria na liga regular para iniciar case sen respiro as eliminatorias do play-off de ascenso á Adecco Oro, pois xogará xa o martes o primeiro partido en Alicante, fronte ao Lucentum.
Un gran primeiro cuarto, no que os locais foron un martelo sobre o aro contrario, e logo administrar a renda con altibaixos pero sen maiores angustias. Foi a tónica dun partido no que o Peixe Galego sumou unha nova vitoria a custa dun Sáenz-Horeca que se despide da Adecco Plata con dignidade, pero cunha inapelable xeira de resultados negativos de 15 derrotas consecutivas.
Javier Llorente non necesitou forzar aos seus, aínda que o partido se lle complicou ao chegar ao último cuarto con só catro puntos arriba grazas especialmente á actuación do visitante David Ortega, con 26 puntos e e sensacional 29 de valoración. Un parcial de 11-0 foi definitivo, malia que os vascos darían un novo tirón para volver achegarse a só dous puntos, a pouco máis dun minuto para o final.
A relaxación defensiva permitiu a ambos os dous equipos afinar a puntaría, e neste sentido cabe destacar as boas porcentaxes de acerto no tiro conseguidas polos marinenses.
MARÍN PEIXE GALEGO (87): Manu Ferreiro (7), Gabo Rogers (15), Ike Azotam (16), Javier Medori (8), Garfield Blair (17) -cinco inicial-, Víctor García, Kyrylo Podkovyrov, Antonio Izquierdo, Gregorio Adón (13), Al Rapier (8) e Norman Rey (3).
SÁENZ HORECA ARABERRI (81): David Ortega (26), Christofher Blount (6), Jon Uriarte (9), Pablo Villarejo (12), Evan Michael Yates (15) -cinco inicial-, Tadas Sederkerskis (4), Martín Buesa (9) e Sastre.
Árbitros: Daniel Pazos Pazos (Galicia) e Juan Pedro Morales García-Alcaide (Madrid). Sinalaron 12 faltas ao Peixe Galego e 11 aos visitantes. Sen eliminados.
Macadores parciais: 32-22, 20-22 (52-44, descanso), 18-22 (70-66) e 17-15 (87-81, final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Raña (Marín). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Peixe Galego imponse con autoridade a Lucentum Alicante (76-69) e forza o terceiro partido
Por Redacción |
-
Derrota do Peixegalego en Alacante no primeiro partido do play-off (77-53)
Por Redacción |
-
Garfield Blair lidera o Peixe Galego na súa vitoria a domicilio (77-85) ante Viten Getafe
Por Redacción |
-
A derrota ante Zornotza (65-71) non impide que o Peixe Galego se meta no play-off
Por Redacción |