A Gimnástica afronta en Ferrol o Campionato Galego de Clubs
Por Redacción
As instalacións atléticas da Malata, en Ferrol, serán escenario durante a xornada deste sábado 25 de abril do Campionato de Galicia de Clubs ao aire libre, con presenza un ano máis da Sociedad Gimnástica.
A entidade pontevedresa acode cos seus dous equipos, masculino e feminino, a unha competición que reúne aos oito mellores conxuntos de ambas as dúas categorías.
O obxectivo para a Gimnástica pasa por estar no podio da categoría masculina, algo que lograron nos últimos dez anos, e loitar por un triunfo que se lles resiste dende 2008. Pola súa banda as rapazas aspiran a repetir as boas sensacións da pasada Copa Galicia e loitar por entrar nos postos de honra.
Con todo, o cambio do sistema de competición converte a cita nunha incógnita, pois ao contrario que en pasadas edicións os atletas inscritos só poden participar nunha proba individual, perimtiéndose dobrar unicamente nos relevos.
O equipo pontevedrés compoñerano: Alba Fernández, Andrea Pais, Barca Toba, Clara Gil, Cristina González, Emma Casas, Esperanza Caldas, Eva Iglesias, Eva Salvado, Helena Rey, Inés Martínez, Laura Goñi, Ángeles Filgueira, Beatriz Mariño, Mercedes Baltar, Paula Martín, Rocío Rodríguez, Sandra Carballo, Susana Durán, Verónica Echeverría, Alesandre Solla, Alex Pazos, Ángel Vargas, Carlos Cerviño, Darío Costas, David Ferrer, David Rocha, David Veiga, Fernando Rial, Fran Iglesias, Iván Docampo, Jon Alonso, Jorge Puig, Nano Martínez, Martín Brea, Pablo García, Santi Ferrer Alonso, Víctor Gallego e Xavier Rodríguez.