O Instituto Municipal de Deportes destina 60.000 euros á celebración de 14 eventos na cidade
Por Redacción
O Concello de Pontevedra acolleu este luns a firma dos convenios de colaboración con seis entidades deportivas e a Federación Galega de Piragüismo para a organización de diversos eventos na cidade ao longo do ano.
Trátase dunha das liñas de subvención que achega o Instituto Municipal de Deportes (IMD) e que permitirá a celebración de 14 competicións que quedan á marxe da actividade habitual dos clubs, financiada a través doutra liña de axuda.
Responsables das entidades deportivas acudiron á firma xunto ao concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.
Os eventos subvencionados, por un total de 60.000 euros, son:
- Sociedad Gimnástica: 10.500 euros para o XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra.
- Club Natación Galaico: 10.500 euros para o X Trofeo Promesas do Lérez, o Campus Nadar Todos e as 12 horas de Natación.
- Escudería Cidade de Pontevedra: 8.500 euros pola XVIII Subida Cidade de Pontevedra.
- Federación Galega de Piragüismo: 8.000 euros para os campionatos autonómicos de inverno de 5.000 metros e K-1/C-2, e os de pista individual senior, junior, cadete e infantil.
- Escuela de Fútbol Portero 2000: 8.000 euros para o XVII Torneo Internacional de Fútbol 7 benxamín Cidade de Pontevedra.
- Club Baloncesto Arxil: 7.500 euros polo XIV Día do Baloncesto 3x3 na rúa e o XX Torneo Cidade de Pontevedra.
- Club Taekwondo Mace Sport: 7.000 euros para o XVIII Open Internacional Cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Arxil xa ten rivais no Nacional Infantil Feminino que se celebrará en Pontevedra
Por Redacción |
-
Adiantar o pagamento aos clubs, obxectivo do IMD na convocatoria de axudas ao deporte federado
Por Redacción |
-
Aprobado o último pagamento de axudas para clubs deportivos da cidade en 2014
Por Redacción |