O Gondomar remonta o gol inicial do Marcón e leva os tres puntos (2-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Marcón regresa de baleiro da súa visita ao campo do Gondomar.
Os pontevedreses arrancaron o partido do mellor xeito posible, cun gol de Gelillo aos 6 minutos na súa primeira ocasión clara.
Con vantaxe os de Carlés decidiron esperar a súa opción á contra e afanarse en defender a renda pero o Gondomar, que se lanzou a polo empate, lograría a igualada aos 20 minutos por medio de Diego Martínez.
A tónica do encontro mantívose dende ese momento, ata que no 80 os locais decantaron a balanza ao seu favor cun tanto de Hermida que o Marcón, en inferioridade numérica, xa non puido contrarrestar.
Con este resultado os pontevedreses caen á décimo quinta praza con 41 puntos.
GONDOMAR CF (2): Ismael, Adrián (Iglesias, min.71), Borja, Michael, Agujetas, Iago Vázquez, Hermida, Diego Martínez, Pousadela, Alejandro Rey (Mario, min.61), Silvio (Diego Cantero, min.88).
MARCÿN ATLÿTICO (1): Joaquín, Marcos, Álvaro, Valiñas (Luis, min.71), Arturo, Gelillo (Rodri, min.28), Iván, Iago (Juan, min.85), Héctor, Martín, Baptiste (Chamadoira, min.86).
Árbitro: Fontes Mosqueira. Amoestou a Alejandro Rey, Mario e Diego Cantero no Gondomar e a Iván, Artuo e o adestrador Carlés no Marcón. Expulsou ao pontevedrés Marcos por dobre amarelo (min.66).
Goles: 0-1 Gelillo (min.6), 1-1 Diego Martínez (min.20), 2-1 Hermida (min.80).
Incidencias: Partio disputado no campo das Gaiandas, Gondomar.