Garfield Blair lidera o Peixe Galego na súa vitoria a domicilio (77-85) ante Viten Getafe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O acerto na liña de tiros libres e a grande actuación de Garfield Blair foron decisivas para que o Marín Peixe Galego conseguise unha vitoria de mérito na pista do Viten Getafe, remontando na segunda parte un marcador que se lles puxera moi costa arriba.
Se os números nos lanzamentos exteriores entre ambos os dous conxuntos estiveron moi parellos, sería precisamente os lanzamentos dun nos que os marinenses se mostraron moi superiores, cunha porcentaxe do 72% de acerto (18 de 25) por un pobre 44% (7 de 16) dos seus rivais.
O resto das estatísticas reflectiu unha igualdade case absoluta entre ambos os dous equipos, cunha primeira parte de dominio madrileño e unha segunda espectacular por parte do Marín Peixe Galego, remontando 10 puntos de desvantaxe, para adiantar o Getafe na clasificación.
Garfield Blair foi a figura clave no último cuarto, co seu acerto dende a liña de tres puntos, ben secundado por Ike Azotam.
VITEN GETAFE (77): Rolands Smits (18), Rubén Martínez (17), Aramburu (7), Mbansogo, Ferreira (2) -cinco inicial-, Rubén Pérez, Moungoro (16), Mendiola (6), Cabral (3) e Spires (8).
MARÍN PEIXE GALEGO (85): Manu Ferreiro (4), Antonio Izquierdo (5), Azotam (17), Medori (8), Blair (22) -cinco inicial-, Kyrylo, Rogers (6), Gregorio Adón (2), Al Rapier (8) e Norman Rey (13).
Árbitros: Ángel de Lucas de Lucas e Susana Gómez López. Sinalaron 21 faltas ao equipo local, e 14 ao Peixe Galego. Eliminado por cinco faltas persoais o xogador madrileño Spires.
Marcadores parciais: 25-21, 20-17 (45-38, descanso), 18-25 (63-63) e 14-22 (77-85, final).
Incidencias: Pavillón Juan de la Cierva (Getafe).
Relacionadas:
-
Peixe Galego remata sexto vencendo o Sáenz Horeca Araberri (87-81) e xogará o play-off contra Lucentum
Por Redacción |
-
A derrota ante Zornotza (65-71) non impide que o Peixe Galego se meta no play-off
Por Redacción |
-
Ceba Guadalajara non dá opción (78-50) a un Marín Peixe Galego desacertado no tiro
Por Redacción |