Chano Rodríguez busca en Berlín as mínimas para acudir ao Mundial
Por Redacción
Cita importante para Chano Rodríguez no Open Internacional de Natación Paralímmpica de Berlín.
O deportista do Club Natación Galaico acode á capital alemá en busca da clasificación para o Campionato do Mundo que se celebrará en Glasgow o próximo mes de xullo.
Chano buscará a marca mínima nas probas dos 50, 100 e 200 libres.
FINAL DA LIGA GALEGA DE CLUBS
Esta fin de semana será tamén importante para a entidade pontevedresa pola disputa da final da Liga Galega Absoluta de Clubs, na que actuará como anfitriona tras finalizar primeira a fase preliminar.
O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños acollerá a competición o sábado 18 de abril en sesión intensiva de mañá e tarde coa presenza dos seis mellores equipos de Galicia: Club Natación Galaico, Club Natación Coruña, Club Natación Ferrol, Club del Mar, Club Natación Pabellón Ourense e Club Cidade de Santiago.
O Galaico convocou para a cita 26 dos seus nadadores.