Ceba Guadalajara non dá opción (78-50) a un Marín Peixe Galego desacertado no tiro
Por Redacción
A vitoria do Basquet Tarragona, unida á derrota do Marín Peixe Galego en Guadalajara, apraza polo menos unha xornada máis a clasificación matemática do conxunto marinense para o play-off.
Os visitantes non foron capaces de frear un Maximiliano Sole que realizou unha actuación soberbia sen un só fallo nos seus lanzamentos a canastra (11 de 11 intentos, con 6 canastras de 2 puntos, 3 triplos e outros 2 tiros libres), ademais de achegar 6 rebotes para sumar un fantástico 28 de valoración.
Un parcial de 15-0 nos tres últimos minutos do primeiro cuarto desequilibrou o partido a favor do equipo local. A sociedade formada por Maximiliano Sole e Agbelese foron a chave do triunfo dos alcarreños.
O Peixe Galego tivo o seu mellor home en Ike Azotam (17 de valoración), pero non encontrou axuda nos seus compañeiros, asinando o equipo marinense un pobre 34% de acerto no lanzamento a canastra, que pesou como unha lousa.
Sole foi o máximo anotador do partido, con 23 puntos sen fallo, mentres Agbelese se apuntou o liderado reboteador con 14, para un total de 23 de valoración.
CEBA GUADALAJARA (78): Agbelese (10), Sole (23), Durán (11), Frutos (9), James (12) -cinco inicial-, Lázaro (11), Iglesias, Villena, David Ávila, Aurrecoechea (2) e Nikolic.
MARÍN PEIXE GALEGO (50): Manu Ferreiro (3), Rogers (2), Azotam (14), Medori (13), Blair (12) -cinco inicial-, Víctor García, Kyrylo, Antonio Izquierdo, Gregorio Adón e Al Rapier (6).
Árbitros: Enrique Miguel López Herrada e Mariano Martín Palomo Cañas. Sinalaron 10 faltas ao Guadalajara e 16 ao Peixe Galego. Eliminado por faltas persoais o xogador visitante Javier Medori.
Marcadores parciais: 26-14, 20-17 (46-31), 20-11 (66-42), 12-8 (78-50).
Incidencias: Polideportivo San José (Guadalajara).
Relacionadas:
-
Garfield Blair lidera o Peixe Galego na súa vitoria a domicilio (77-85) ante Viten Getafe
Por Redacción |
-
A derrota ante Zornotza (65-71) non impide que o Peixe Galego se meta no play-off
Por Redacción |
-
Unha canastra a falta de 8 segundos tomba o Peixegalego ante o Tarragona (75-76)
Por Redacción |
-
Claro triunfo do Peixegalego en Baleares (51-83)
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego necesita a prórroga para dobregar (68-62) ao Barcelona
Por Redacción |