Poio FS fai méritos para puntuar pero cede (3-1) fronte a Ourense Envialia
Por Redacción
Partido intenso no que o Poio FS mereceu polo menos o empate fronte a un Ourense Envialia máis acertado no remate e que segue na loita por entrar entre os catro primeiros.
As rapazas de Morenín comezaron premendo ben, pero o conxunto local sorprendeu con dous goles case consecutivos en menos dun minuto e froito de accións moi similares, mediado o primeiro período, tras senllas xogadas á contra. O primeiro chegaba por medio de María Romero, e o segundo obra de Peque, cun forte disparo.
Claudia volvía meter ao Poio no partido pouco despois, cun remate afastado, pero de novo Peque, pouco antes do descanso, conseguía marcar, no que sería último gol do partido, xa que na segunda parte o marcador non se movería, malia que os dous equipos tiveron oportunidades para facer máis goles.
A segunda metade foi de dominio do Poio en busca da igualada, premendo o seu rival en tres cuartos de pista. Con todo perdido, o técnico visitante recorreu ao xogo de cinco nos últimos seis minutos. As "rojillas" tiveron ocasións para recortar distancias, pero o Ourense mantívose firme en tarefas defensivas ata levarse os tres puntos.
OURENSE ENVIALIA (3): Chev; Laura Fernández, Chiqui, Ro, Sara Moreno -cinco inicial-, Bea Seijas, Anita, Peque e María Romero.
POIO FS (1): Silvia; Charo, Yoly, Jenny, Souza -cinco inicial-, Claudia, Paloma, Nerea e Elena.
Árbitros: Darriba Villamor e Castro Bermúdez (Lugo). Amoestaron a Ana no Ourense Envialia e a Souza, Paloma e Nerea no Poio.
Goles: (1-0) Minuto 9: María Romero. (2-0) Minuto 9: Peque. (2-1) Minuto 11: Claudia. (3-1) Minuto 18: Peque.
Incidencias: Pavillón de Los Remedios (Ourense). Uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
Segue sen levantar cabeza o Poio FS que volve perder na súa pista (0-4) ante Universidad de Alicante
Por Redacción |
-
Reacción tardía do Poio FS que cae ante o Majadahonda (2-3) e atrasa asegurar a permanencia
Por Redacción |
-
O Poio FS, a garantir a permanencia fronte ao Majadahonda
Por Redacción |
-
Paso de xigante cara á permanencia do Poio FS tras impoñerse ao Gironella (3-2)
Por Redacción |
-
Derrota sobre a bucina do Poio FS (3-2) en Alcorcón
Por Redacción |