Luisito: "Ten plena seguridade de que o equipo do domingo pasado non vai xogar"
Por Diego Espiño
O Pontevedra prepara con intensidade o duelo do próximo domingo (17:00 horas) ante o Laracha no Estadio Municipal de Pasarón, e faino pensando en non repetir os erros que lle levaron á derrota en Boiro.
"Estou jodido pola maneira de perder. Vin o video dúas veces e o que é imperdoable nun equipo que quere ser campión é que nos metan o gol que nos meteron", declarou este mércores Luisito ao termo da sesión preparatoria na Xunqueira.
Por iso, malia gabar a actitude dos seus en Barraña, o técnico granate recoñece que "de aquí ao domingo teño que darlle moitas voltas porque teño moitas dúbidas tanto na aliñación como no sistema que utilizaremos".
Luisito: "Non quero que ningún futbolista se durma e que ninguén pense que é titular indiscutible comigo"
Tanto é así que o preparador confirmou que "o equipo do domingo pasado non vai xogar" porque "non quero que ningún futbolista se durma e que ninguén pense que é titular indiscutible comigo".
Un cambio é obrigado, xa que Mouriño cumprirá ante o Laracha un partido de sanción por acumulación de amoestacións, mentres Capi e Pedro García seguen traballando á marxe do grupo.
Na parte positiva encóntrase o regreso de Kevin Presa unha vez cumprido o seu partido de suspensión. O centrocampista apunta o equipo titular, pero haberá que esperar ata o mesmo domingo para saber o número de cambios exactos que introduce Luisito con respecto ao último partido ligueiro.
Relacionadas:
-
A falta de bo xogo, fe, loita e Pablo Carnero, claves da vitoria do Pontevedra (3-1) sobre o Laracha
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Prohibido fallar fronte a un necesitado Laracha
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra deixa escapar a sentenza ligueira estrelándose contra a madeira e o Boiro (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |